Seguidores

13 de maio de 2020

Segunda ficha de repaso para 2º de Educación Primaria

Bos días! ¡Buenos días! Good morning!

Velaquí adxunto a ficha e os vídeos complementarios para realizala para as vindeiras dúas semanas (27 de maio coma tope de entrega).

Agardo que os vídeos funcionen sen maior dificultade.

Un saúdo!





Segunda ficha de repaso para 1º de Educación Primaria

Bos días! ¡Buenos días! Good morning!

Velaquí adxunto a ficha e os vídeos complementarios para realizala para as vindeiras dúas semanas (día 27 de maio coma tope).

Agardo que os vídeos funcionen sen maior dificultade.

Un saúdo!

29 de abr. de 2020

Actividades de repaso para 2º

Bos días! Buenos días! Good morning! Que tal estades? Agardo que moi ben. Velaquí están os exercicios de repaso de 2º de Educación Primaria. Como houbo problemas para visualizalos, vou ampliar a marxe de entrega ata o día mércores 13 de maio. Os exercicios deben de ser mandados ao enderezo electrónico carloslestrove@gmail.com para a súa posterior corrección. En caso de dúbidas póñanse en contacto conmigo a través do enderezo electrónico indicado na liña anterior.
Un saúdo!

28 de abr. de 2020

Traballo de 1º de Ed. Primaria

Boa tarde! Buenas tardes! Good afternoon! Velaquí achego o traballo a realizar polo alumnado de 1º de Educación Primaria para as seguintes dúas semanas. A data límite de entrega será o 12 de maio. Debe de ser enviado ao enderezo electrónico carloslestrove@gmail.com para a súa posterior corrección e valoración. Velaquí están os vídeos para realizar as actividades 2 e 3: https://drive.google.com/drive/folders/1yij0jtXrCXfCMYLDtXlR3BQH58BQ9G9H Un saúdo e moito ánimo e paciencia.

Aviso importante

Debido ás confusións que houbo, decidín ampliar o prazo de entrega das primeiras actividades que mandei para todos os cursos (de 1º de E. P. ata 6º de E. P:) ata o venres 1 de maio. Unha vez que esteñan feitas, pódenmas enviar polo enderezo electrónico carloslestrove@gmail.com ou E-Dixgal (como unha segunda opción só para o alumnado de 5º e 6º). Agardo que se coiden moito nesta corentena. Vémonos cedo e que non falte ninguén!! Un saúdo!

26 de abr. de 2020

Traballo de reforzo e repaso para 5º e 6º

Boa tarde! Buenas tardes! Good afternoon! Tal e como comentei no último post deste blogue, hoxe vou colgar os exercicios de repaso para 5º e 6º. Para non marear demasiado e tendo en conta a situación na que estamos, o traballo que mando abarca dúas clases. Dito doutro xeito, teñen ata o día 10 de maio para realizalos e mandalos ao meu enderezo persoal.
Un saúdo!

24 de abr. de 2020

Aclaración importante!!

Os exercicios de Educación Musical para 2º de E. P., 3º de E. P. e 4º de E. P. foron mandados á escola. Foron deseñadas varias actividades que abarcan dúas semanas de traballo. Polo tanto, ata a semana do 8 de maio teñen de prazo para completalas e mandalas. Para os outros cursos (1º, 5º e 6º) mandaranse o domingo. Un saúdo

Última tarefa para 4º de Educación Primaria

Bos días! ¡Buenos días! Good morning! Velaquí achego a que probablemente sexa a última tarefa de Educación Musical. O prazo tope de entreg...