Seguidores

27 de nov. de 2019

Estamos a piques de chegar ó Nadal

Boa tarde!!

Este primeiro trimestre está a pasar voando mais agora queda o máis complicado de todo: exames, pór notas, avaliar e, no tocante á nosa materia de Educación Musical, preparar os diversos números que comprenderán o Festival de Nadal da escola.


Nos vindeiros días subiremos unha idea de proposta para danzar a panxoliña inglesa "Jingle Bell Rock" que realizaremos co noso alumnado de 2º de Educación Primaria.



Agardamos que sexa de gran axuda para todo/a aquel/aquela que esteña buscando inspiración coreográfica para o acto do Nadal.

Un saúdo!!

20 de nov. de 2019

As cualidades do son


Ola a tod@s @s navegantes!

Unha cuestión que é fundamental na nosa materia de Educación Musical é a que se refire ás cualidades do son. A miúdo atopamos o noso alumnado un tanto perdido porque non entenden os conceptos das catro calidades básicas do son que hai que saber.

O seguinte vídeo pode axudarnos a acadar a súa correcta asimilación e comprensión.



Navegantes: agora sí que xa sabemos como se distinguen todos os parámetros do son.

Equivalencia das figuras rítmicas musicais

Ola a tod@s @s navegantes!!

Moitas veces, o noso alumnado dubida das figuras rítmicas musicais e máis dos seus silencios porque non recordan canto duran, como se relacionan entre sí, etc.

Esta entrada de blog vai pensada, precisamente, para aclarar e despexar esas dúbidas que o noso alumnado poda ter. Isto será vital para que entendan as construccións rítmicas diversas, a formación dos compases (2/4, 3/4, 4/4, etc.) das cancións que aprenden nas clases de música e demáis.

Esta é a pirámide das figuras rítmicas e a súa grafía, as súas equivalencias e a súa duración.


12 de nov. de 2019

Benvida!

Ola a todo o alumnado e a tod@s @s mestres/as de Educación Musical na Educación Primaria!!

Creo este blog coa intención de axudarnos entre todo@s aqueles/as que impartamos esta fermosa materia compartindo material, aportando consellos e resolvendo todas aquelas dúbidas que cada persoa poda albergar.

Agardo que esta canle sexa productiva e solvente para a nosa gran comunidade.

Non esquezades que, como di Bono, o líder da banda británica U2, "a música pode cambiar o mundo porque pode cambiar ás persoas".

Saúdos musicais de Carlos Lestrove

Última tarefa para 4º de Educación Primaria

Bos días! ¡Buenos días! Good morning! Velaquí achego a que probablemente sexa a última tarefa de Educación Musical. O prazo tope de entreg...