Este primeiro trimestre está a pasar voando mais agora queda o máis complicado de todo: exames, pór notas, avaliar e, no tocante á nosa materia de Educación Musical, preparar os diversos números que comprenderán o Festival de Nadal da escola.
Nos vindeiros días subiremos unha idea de proposta para danzar a panxoliña inglesa "Jingle Bell Rock" que realizaremos co noso alumnado de 2º de Educación Primaria.
Agardamos que sexa de gran axuda para todo/a aquel/aquela que esteña buscando inspiración coreográfica para o acto do Nadal.
Un saúdo!!